Sunday 05 de May de 2024

800 maiores de Ordes celebran a súa xuntanza coincidindo co Día da Nai


Os maiores de Ordes tiveron o seu gran día. A xuntanza organizada polo Concello, toda unha tradición xa no municipio, congregou neste Día da Nai a preto de 800 comensais. O programa arrancou cunha misa solemne baixo a mesma carpa na que posteriormente se gozou dunha sesión de baile e o xantar. Non faltaron o bo viño, nin a empanada e o polbo con cachelos.
Os membros do equipo do Goberno Local ao completo, así como outros concelleiros da oposición, non faltaron ao acto. Susana García, concelleira de Benestar Social, arrancou o seu discurso felicitando a todas as nais presentes. Salientou “a importancia de manter este tipo de celebracións no tempo”, e reafirmouse no compromiso adquirido polo Concello de Ordes para que ninguén padeza “exclusión social e para que envelleza activa e dignamente”. A tamén diputada provincial calificou aos maiores de Ordes como un piar “imprescindible dada a aportación que supón para as familias e a sociedade en xeral a súa sabiduría e experiencia en distintas áreas”.